27 de mai. de 2012

CEN CHAVES DE LUZ

Día tras día, ano tras ano! Queremos galego! Aquí vos presentamos este vídeo documental sobre a figura de Valentín Paz Andrade, Cen chaves de luz, no Dia das Letras Galegas 2012, elaborado polo realizador Xan Leira e co inestimable traballo de Luz Beloso, a nosa profe de Educación Plástica. Conta este vídeo tamén coa participación de Jennifer Cancelas, unha verdadeira artista e alumna do noso instituto. Agardamos que vos guste.


VALENTÍN PAZ ANDRADE


A nosa homenaxe a Valentín Paz Andrade polo día das Letras Galegas 2012 non podía faltar. Elaborado polos nenos e nenas do noso instituto, coa axuda de Luz Beloso, profe de Plástica, e Vero, a nosa PT.

14 de mai. de 2012

Unha fermosa homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento, vídeo realizado polo Departamento de Normalización do CPI Celso Emilio Ferreiro de Vigo.



27 de fev. de 2012

As mazás casamenteiras

Un vídeo moi chulo baseado nun texto De Sechu Sende na súa obra Made in Galiza, realizado polos compis do IES O Mosteirón. Bo traballo!

17 de fev. de 2012

Namorándonos do galego

No IES As Barxas creamos este vídeo para que nos namoremos da nosa lingua. Un traballo interdepartamental de Plástica,  Música e Normalización Lingüística desde un texto de Víctor Freixanes. Escoitaredes as fermosas voces de Xiana Casás e Lucía Martínez, de 1º ESO A, esas si que namoran!
Pois iso, LINGUA GALEGA: ÁMOTE!

27 de jan. de 2012

O ESENCIAL É INVISIBLE AOS OLLOS

Vídeo feito coa profe de Educación Plástica, Luz Beloso, e cos nenos de Agrupamento de 1º ESO A e B, sobre a lectura do libro de Antoine de Saint-Éxupery, O principiño.