Na bitácora de Normalización do IES As Barxas, zarpamos agardando que esta sexa unha boa maré, levamos a áncora e coas velas cheas de palabras procuramos a preamar da lingua.
A GUÍA DO ATLETISMO
27 de mai. de 2012
CEN CHAVES DE LUZ
Día tras día, ano tras ano! Queremos galego!
Aquí vos presentamos este vídeo documental sobre a figura de Valentín Paz Andrade, Cen chaves de luz, no Dia das Letras Galegas 2012, elaborado polo realizador Xan Leira e co inestimable traballo de Luz Beloso, a nosa profe de Educación Plástica. Conta este vídeo tamén coa participación de Jennifer Cancelas, unha verdadeira artista e alumna do noso instituto.
Agardamos que vos guste.
VALENTÍN PAZ ANDRADE
A nosa homenaxe a Valentín Paz Andrade polo día das Letras Galegas 2012 non podía faltar. Elaborado polos nenos e nenas do noso instituto, coa axuda de Luz Beloso, profe de Plástica, e Vero, a nosa PT.
14 de mai. de 2012
27 de fev. de 2012
As mazás casamenteiras
Un vídeo moi chulo baseado nun texto De Sechu Sende na súa obra Made in Galiza, realizado polos compis do IES O Mosteirón. Bo traballo!
17 de fev. de 2012
Namorándonos do galego
No IES As Barxas creamos este vídeo para que nos namoremos da nosa lingua. Un traballo interdepartamental de Plástica, Música e Normalización Lingüística desde un texto de Víctor Freixanes. Escoitaredes as fermosas voces de Xiana Casás e Lucía Martínez, de 1º ESO A, esas si que namoran!
Pois iso, LINGUA GALEGA: ÁMOTE!
Pois iso, LINGUA GALEGA: ÁMOTE!
30 de jan. de 2012
BASES DO I CERTAME DE GUIÓNS PARA CURTAS "A MULLER LAMPREA"
Aquí vai o cartel do noso I Certame de Guións para Curtas A Muller Lamprea. Podes consultar as bases no seguinte enlace: http://amullerlamprea.blogspot.com/2012/01/bases-do-i-certame-de-guions-para.html
Para ver os nosos vídeos contra os prexuízos lingüísticos da nosa superheroína, preme nos enlaces:
Para ver os nosos vídeos contra os prexuízos lingüísticos da nosa superheroína, preme nos enlaces:
27 de jan. de 2012
O ESENCIAL É INVISIBLE AOS OLLOS
Vídeo feito coa profe de Educación Plástica, Luz Beloso, e cos nenos de Agrupamento de 1º ESO A e B, sobre a lectura do libro de Antoine de Saint-Éxupery, O principiño.
13 de dez. de 2011
DESEXÁMOSVOS UN BO NADAL DESDE AS BARXAS!
Aí vos vai unha recompilación de felicitacións de Nadal realizadas polo alumnado de 3º ESO do noso IES, para a aula de Plástica.
Que non sexa só no Nadal cando compartades o corazón.
Que non sexa só no Nadal cando compartades o corazón.
Preme no enlace!: http://vimeo.com/33568449
11 de dez. de 2011
GUÍAS DE LECTURA PARA O NADAL
Desde a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística do Morrazo, aí vos van unha chea de lecturas para ler ou agasallar no Nadal.
Felices Lecturas!
Felices Lecturas!
Lecturas secundaria
View more presentations from dinamizanormaliza
22 de nov. de 2011
A PoetizArte!! Homenaxe a Bernardino Graña
Neste ano adicado á figura de Bernardino Graña no IES As Barxas, o Departamento de Plástica e o de Normalización Lingüística participan na creación deste vídeo de homenaxe ao benquerido autor cangués.
Contamos para iso coa colaboración inestimábel de Gael Villar, alumno de 2º de Bacharelato, e de Luz Beloso, a nosa artista particular, profesora de Educación Plástica.
Esta é a primeira de moitas iniciativas que xurdirán este ano, e que servirán para unir as Artes Plásticas coa Poesía Galega nun proxecto común que leva por nome "A PoetizArte!!!!!".
Pois iso, que xa está dito: únete á arte!!!!
8 de nov. de 2011
NOVA FERRAMENTA PARA A LINGUA GALEGA
Chega unha fantástica ferramenta para solucionar dúbidas e axudarnos na creación dos nosos textos en lingua galega.
Se introduces o infinitivo de calquera verbo galego, este novo programa axudarache a conxugalo.
http://conxugador.cilenis.com/
Para máis información, consulta o seguinte enlace: http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=892&desc=novo_conxugador_verbal_en_lina%3A_cilenisconxugador
Se introduces o infinitivo de calquera verbo galego, este novo programa axudarache a conxugalo.
http://conxugador.cilenis.com/
Para máis información, consulta o seguinte enlace: http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=892&desc=novo_conxugador_verbal_en_lina%3A_cilenisconxugador
23 de out. de 2011
HOMENAXE AO POETA DO MAR: BERNARDINO GRAÑA
A poesía este ano ten moito que dicir no IES As Barxas. Este ano, desde a Biblioteca do centro, decidiuse facer unha pequena homenaxe a un home que traballa tecendo palabras e recollendo versos, coma as redeiras e os mariñeiros de Moaña e Cangas, a quen tantas veces adicou os seus poemas. Trátase de Bernardino Graña (Cangas, 1932), Poeta do Mar; autor de obras coma Poema do home que quixo vivir (1958), Profecía do mar (1966), Non vexo Vigo nin Cangas (1975), Se o noso amor e os peixes... (1980, Premio Galicia do concello de Santiago de Compostela), Sima-Cima do voar tolo (1984), ou Himno verde (1992).
Pero tamén é autor teatral (Vinte mil pesos crime (1962), Sinfarín contra don Perfeuto (1975) e Os burros que comen ouro nunca cabalos serán -1992, Premio Abrente de Ribadavia 1979) e escribe narrativa para nen@s (O león e o paxaro rebelde -1991, Premio de Contos para rapaces O Facho-, Fins do mundo (1974), Planeta dos ratos tolos (1990), Xan Guindán, capitán (1991), Oso mimoso(1992), Namoro de lobo Pipo na escola de don Perico (1992), O gaiteiro e o Rato Pérez (1994, Premio Merlín 1993), Xan Guindán, mensaxeiro (1994), Cristo e San Pedro, peregrinos (1994), Rata linda de Compostela (1994), O lobo e o grilo (1995), Contra o león covarde (1995), Xan Guindán e os Salvaxes (1995) ...
Desde o grupo de Normalización Lingüística do IES As Barxas querémonos sumar á homenaxe dun home que segue a darnos leccións de humanidade e compromiso coa súa terra e coa lingua cada vez que lemos as súas letras.
Aí vai unha fermosa mostra da súa obra poética en boca do propio autor:
Assinar:
Postagens (Atom)



